ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/10/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Sergio Saavedra


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

O libro creo eu que dá moito de que pensar, como en que somos moi egoístas, na obsesión dos cartos e do que podemos chegar a facer pola necesidade de vingarse.
A verdade é que este libro ao principio non me gustaba moito pero despois empezou a engancharme e de vez en cando coas frases da vella soltaba algún sorriso.
O que non me gustou foi que o título non ten nada que ver coa historia e tampouco me gustou moito o persoaxe Colombo,  que non entendo por que sae na historia.
O libro gustoume bastante, non está tan mal como eu pensaba antes de empezar a lelo, e recomendaríallo á xente xove da miña idade xa que non ten complicacións para lelo e é moi divertido.

Sen comentarios