ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Lucía Otero


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais

 
O corazón de Xúpiter é unha novela de amor que trata dunha rapaza chamada Isla que se muda con desgana a outro barrio e coñece un mozo por internet, co que comparte a súa paixón pola astronomía.   Neste  tempo, ocórrenlle uns feitos cos seus novos amigos, e algún que outro inimigo.  Tanto o argumento da historia coma os protagonistas son axeitados para a xente da miña idade, porque é fácil poñerse na pel de alguén que comparte características comúns, coma o de ser estudantes e ter unha idade similar, nun colexio onde hai moitas persoas diferentes.
A historia pareceume interesante porque trata feitos cotiáns coma o de coñecer a unha persoa por un chat, e chegar  a querela moito. Tamén pola intriga de  saber quen é o novo amigo de Isla, e polo tipo de formato no que aparecen as conversas destas dúas persoas, xa que non é habitual que aparezan nunha novela, conversas por chat.  Tamén trata temas da actualidade como o da homosexualidade con total naturalidade e sen amosar discriminación ningunha cara a esa persoa.  Outros destes feitos cotiáns son os das familias desestruturadas polas drogas, e en moitos casos, nas que os fillos acaban sendo agresores e provocando bullying escolar; e un dos principais temas tratados nesta historia  é o de coñecer a unha persoa por internet que resulta ter outra identidade só para causar danos morais, coma o de acabar coa ilusión dunha persoa que só intentaba ser feliz, e danos físicos. 
Estes feitos que ocorren na historia fan que a persoa que estea lendo esta novela reflexione sobre o comportamento da xente.
En canto ao desenlace da historia causoume unha gran impresión, pero gustoume que fora diferente ao resto de lecturas obrigatorias. Nunca antes lera ningún libro no que foran tratados temas tan próximos, conflitivos e actuais. Ao mesmo tempo foi moi impactante, porque a revelación da identidade de Xúpiter supuxo un xiro inesperado na historia.

1 comentario:

MAría Mato dixo...


Paréceme un libro interesante con certos aspectos que fan referencia aos problemas cotiás de hoxe en día, coma por exemplo o abuso escolar.