ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Montse Vázquez


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais



"O corazón de Xupiter" gustoume moitísimo e tívome intrigada todo o tempo ata o final, que por certo foi un final totalmente inesperado para min, pensei que ía ser doutra forma.
Al principio o libro non me gustou, non o entendia, pero logo comecei a lelo e gustoume mito.

Non me sentón identificada con ningún personaxe, pero cando Carballo lle fixo iso a Isla no vestiario deume moitisima pena e moitísima rabia que xusto ese día Mar e ela estiveran enfadadas e que non puidera estar alí Mar para axudala.
Por outra parte tamén me deu pena o de Carballo, o tema da súa nai, nas condición nas que vivia, parecía que el era o pai da súa nai en vez de o fillo, e non me parece ben que un rapaz teña que pasar por ese tipo de cousas... Aínda que todo iso  non xustifica o que lle fixo a Isla.

Cando Anxo lle dixo a Isla todo o que pensaba sobre Xupiter, eu penso que Anxo nese intre tiña razón, Isla debeulle facer mais caso ao seu amigo ca a un descoñecido, porque aínda que levaban falando moito tempo eran dous descoñecidos, e todo o que Xupiter lle dicia e canto a súa personalidade e al seu físico era mentira.

O libro en xeral gustoume moito, menos o final que como xa dixen pensei que día ser diferente. Pero o libro gustoume moito.
 

Sen comentarios