Non adoito ler moita poesía, xa que non é un xénero que me atraia. Carlos Negro
é un autor que me gusta polos seus poemas de diferente temática aos que lin.
Penúltimas tendencias contén poemas breves e entretidos, o que fai que sexa
unha obra amena e que me guste.
Entre algúns dos meus poemas peferidos encóntranse "It girl"
ou "Verdade, bico ou atrevemento."
Como o título indica, o libro, en xeral, fala das tendencias que foron xurdindo nos últimos tempos como os piercings. Tamén menciona
algúns estranxeirismos que substitúen a palabras galegas e que cada vez se
escoitan máis como fashion.
Recoméndolle este libro a todas as persoas, en especial aos adolescentes
porque ao ter unha temática sobre elas, vailles gustar.
Sen comentarios
Publicar un comentario