Este libro
encantoume porque é o tipo de libro que me gusta ler, xa que sempre deixan
unha mensaxe moi importante para a túa vida. O libro trata da historia de seis
mulleres que asisten a unhas clases de calceta que ofrecen na parroquia. Nesta
clase as mulleres comparten as súas historias e unhas a outras trataran de
apoiarse para ser mulleres distintas e mellorar a súa vida.
A primeira muller é Matilde, unha muller que se sente discriminada polo seu tamaño e que é perseguida
pola súa tía Davinia. Matilde chega ao club da calceta grazas a súa tia que lle
fala sobre o club, dende que Matilde chega ao club empeza a volverse unha muller
diferente e a estar máis orgullosa de si mesma. A segunda muller é Anxos que se sente
frustrada pola súa relación co seu mozo e que decide deixalo para poder ser
feliz aínda que lle estrañe un pouco.
A terceira muller é Rebeca, unha rapaza moi guapa que quere que a valoren pola súa forma de ser e
non pola súa beleza. Rebeca quere independizarse e trata de buscar un traballo
e un mozo, coñece a un rapaz pero un día cando saía do club da calceta
encontrouno con outra tía. Rebeca xunto co algunhas mulleres do club monta
unha consultora onde coñece a unha muller da que se namora. A cuarta muller é
a prostituta Luz que traballa no club da súa nai e que esta nunca lle dera o
cariño que ela merecía. Luz non quería deixarse ver por como era, xa que a
maioría pensa que é un traballo impuro. A nai de Luz pensa que ela está
traballando noutro lugar e decide mandar a vixiala, a muller que a vixía sométea
a que se non lle di as chicas onde traballa ela mesma diríao. Luz decide
contarllo ás chicas e deixa o traballo de prostituta para despois traballar na consultaría
de Rebeca.
A quinta muller é
Elvira, unha muller moi devota dende moi pequena, traballa na igrexa pero non é
monxa porque só quere axudar. A Elvira dáselle moi ben a calceta e por isto
monta un club onde as mulleres podan contar as súas vivencias e observacións
das súas vidas. Elvira coñece a Antonia, unha muller que ten un pasado
terrible, a través dunha noticia que lle dá o cura onde as mulleres cren que
non é xusto. Antonia cóntalle a súa historia onde o cura ten relacións con ela
e déixaa embarazada, o cura ante a noticia quere acabar con ela pero esta
decide vingarse quedando na igrexa.
A última muller é Fernanda,
unha muller que lle falta unha perna e que sempre quixo conducir un bus e que
vive co seu esposo e as súa filla. Fernanda paréceme un exemplo de superación
onde aprendemos que todos podemos facer todo o que nos propoñemos. A min encantoume esta historia de evolución,
máis ben encantáronme todas as historias porque en todas hai algo moi bo para
aprender e que pódenos servir de moito na vida.
Eu creo que a
autora quere ensinarnos que non debemos nunca darnos por vencidos e que sempre
debemos de traballar en equipo, xa que así podemos traballar moito máis fácil.
Como di : A unión fai a forza, se todos colaboramos podemos lograr todo o que
queremos,o que nos propoñamos.
Sen comentarios
Publicar un comentario