ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Sonia Framiñán


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

    Este libro de Carlos Negro ao igual que o anterior que lemos, Makinaria, a pesar de ser poesía (todos sabemos que á maioría de nós non nos agrada moito a poesía e tomámola como algo incomprensible, "cousa de tolos") son distintos e con eles o autor demóstranos que a poesía non ten por que ser aburrida, nin "anticuada", nin nada polo estilo, senón que pode ser unha lectura sinxela e pode tratar calquera tema, de calquera forma. 
    Tras a visita do ano pasado do autor ao noso centro, na cal xa nos mencionara este libro que xa daquelas, aínda sen editar, pintaba boas trazas, eu persoalmente sentía moito interese por lelo, xa que trata sobre un tema de gran importancia desde o meu punto de vista. Con estes poemas que rompen cos estereotipos da sociedade, que intentan romper cos prexuízos que se nos inculcan a todos e todas dende ben pequerrechos, inténtase, dalgún modo, modificar a forma de ver ao xénero feminino (tanto adolescentes como idades máis avanzadas), que dende sempre se mostra na maioría dos casos como un simple obxecto sexual e tan só un corpo físico, iso sen contar con certos estereotipos como os que din que das mulleres o que se espera é que sexan delicadas, sensibles, que sempre estean ben arregladas (e sen a falta da cor rosa), que sexan dependentes, etc. , tal como nos contos de Disney, móstrasenos unha realidade moi profunda. 
    Para min o libro está moi ben e transmite perfectamente a realidade tal e como é. Recoméndollo a todo o mundo disposto a dedicarlle un pouquiño tempo, xa que de seguro lle gustará e realmente vale a pena lelo.

Sen comentarios