ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/04/14

Makinaria

Comentario de Juan Ares Pérez 


Makinaria
Carlos Negro
Xerais









Boa falta me facía a min ler un libro tan bo como este. Makinaria é un libro de poesía, e cando mo dixeron xa o asociei como aburrido, como case todos o facemos. Pero non foi así. Despois de lelo, atopeime cunha felicidade inexplicable. Certamente este libro nalgunha das súas poesías, parece como unha canción de rap, como en Sound Play Session Vol. 2, na cal, as estrofas que máis me gustaron foron:

'da cama te levantas            'solitario e preso                  'buscas a saída
escravo do que manda       vendido por un peso             cego ante a caída
outra vez aguantas               nada de progreso             mañá será outro día
o cuspe na garganta'           o mundo está reseso'      e o luns monotonía'

'cóntame da vida          
das rúas sen saída           
do medo a caída      
as noites de fuxida'          



Realmente este libro é marabilloso.
Outras poesías que tamén me gustaron son aquelas que falan de sexo, como "Fast Food" e "Power Racing Love". Tamén me gustou o de "No Way", que fala dos pais, e do pesados que poden chegar a ser ás veces, pero que ó final fano para intentar axudarnos e guiarnos, como ben di no libro, ó día de mañá. Por outro bando, eu non estou moi ligado ó mundo das motos, pero gustoume como trata o tema e o final inesperado que ten. 
En fin, non teño palabras para describilo, simplemente o relerei unha e outra vez ata que se quede comigo para sempre.

1 comentario:

Julian Pereiro Rozas dixo...

Este libro foi,dende hai moito tempo atras,o único que conseguiu que o relera varias veces sumerxindome en cada un dos seus versos e fundindome no seu ambiente xuvenil e moderno.
Este último pode que fora un factor decisivo pois nos ultimos tempos acostumei a ler libros ambientados en épocas un pouco máis afastadas como a década dos 40 ou similares;o que non me terminaba de axudarme a seguilos lendo.
Este libro e altamente recomendable sobre todo para a xente que nunca leu este xenero pois ao meu parecer as modernidades apoesia sentalle moi ben.Recomendo 100% este libro e doulle un 9.