ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais



É un libro de versos que conta os pensamentos de adolescentes. Mozas que expresan os seus sentimentos, ás veces dende o odio e o rencor, sen pelos na lingua. Non son princesas, non son perfectas, a vida é dura e non de cor rosa como lle pintan nas revistas e na televisión. Non existe o príncipe azul, nin a beleza perfecta. Son persoas, non son cousas feitas a medida. O "marketing" intenta adaptar ás persoas, sobre todo adolescentes, á súa maneira para que consuman, que se metan en tallas imposibles ou fagan operacións de estética. Neste libro reflicte mozas con carácter, con personalidade propia, que deciden por elas e escapan dos prototipos: por iso me gusta.

Sen comentarios