ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/04/14

Made in Galiza

Comentario de Lucrecia Balagué Blanco



Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia
 

Os relatos que amosa este libro gutáronme, algúns son de humor, outros de fantasía,... O obxectivo deste libro ten o seu punto de partida na lingua galega, mostrando o marxinada que está a nosa lingua. Tamén nos ensina a mirar máis alá do oriente, hai moito que ver e observar se miramos para o occidente.
   Chamoume a atención a frase que podemos ver na contraportada do libro, "busca a vida nas palabras", esa pequena frase fíxome razonar sobre a situación do galego. Estamos nuns tempos tan malos que ata a lingua pásao mal; o galego na antigüidade sempre foi o punto de mira, pero na actualidade xa non está no centro, senón que se atopa nunha pequena esquina do mundo, esa esquina vaise facendo máis pequena ao paso do tempo. 
Uns dos realtos que máis me gustou foi "Na oficina de obxectos perdidos", un home vai á oficicna de obxectos perdidos para recuperar a súa lingua que a perdeu nunha discoteca.

Sen comentarios