ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/01/14

Os comedores de patacas

Comentario de Antía Buján

Os comedores de patacas
Manuel Rivas
Xerais





Ao principio do libro custoume coller o fío argumental, pero pronto descubrín que ese “Algo” que tanto nomeaba o protagonista eran as drogas e que o libro xira arredor disto.
Samuel ten problemas coas drogas e anda metido en trapicheos con bandas criminais o que fai que súa nai tome a determinación de chamar ó seu fillo maior Nico, policía, para que axude a seu irmán a saír das bandas e a que deixe as drogas. Nico ao ver que non o consegue resultados fala con súa nai e ambos acordan levar a Samuel a Aita, vila natal de súa avoa.
Na miña opinión este libro ademais de tratar a drogadicción tamén intenta abarcar o que sofre unha familia cando un dos seus membros anda nestes círculos viciosos, onde o protagonista se mostra como unha persoa egoísta, xa que fai sufrir a súa familia e é consciente disto pero non  lle importa nada que estea máis alá do seu acompañante inseparable, as drogas.
Unha parte do libro que menos me gustou foi a morte da avoa, a cal protexeu a seu neto ata o final dos seus días.
O libro gustoume moito, enganchoume bastante o feito de saber que Samuel recapacitaría e deixaría as drogas para axudarlle a súa nai e a seu irmán.

Sen comentarios