ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/01/14

O lapis do carpinteiro

Comentario de Antía Buján


O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais



Este libro para min non é un dos que máis me gustou xa que a maior parte da historia sucede no cárcere o que fai que me resulte monótona. O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. 
Un dos personaxes que máis me gustou  foi o Doutor da Barca quen xa ó comezo dálle un toque cómico cando este se atopa nunha cadeira cunha botella de osíxeno e  o reporteiro, Carlos Sousa, que entran séntese incomodo ao velo así e o Doutor ó darse conta da tensión dille cun sorriso “tranquilo estou catando o osíxeno, quere probar?”, sen dúbida unha forma moi boa de romper o xeo ó comezo dunha historia tan bonita.
Neste libro Manuel Rivas tamén abarca parte dos problemas que había naqueles momentos: guerras, fusilamentos, a pena de morte (legal naquela época), as malas condicións nos cárceres.
Recoñezo que me gustan moito as historias de amor e, como é de esperar esta encantoume, como loitan o Daniel da Barca e Marisa Mallo por atoparse malia todas as dificultades que hai no camiño, que non son poucas.
Aínda que o libro non é dos que máis me gustaron recoñezo que llo recomendaría a calquera persoa que lle gusten as historias de amor, perseveranza, e aventura nalgún que outro momento. 

Sen comentarios