ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/01/14

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Lucrecia Blano
A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
         Calpurnia é unha rapaza que vive en Texas, sempre quiexen ir a  Texas, non sei por que, pero chámame moito a atención.
A súa nai obrígalle a facer as cousas da casa, ela négase, fai ben, as mulleres non somos escravas, temos os mesmos dereitos ca os homes, en todo o que levo de vida, nunca vin un home facer os labores da casa, polo que se ve sempre nos mandan a nós, mándannos porque somos invulnerables para eles. Eles só nos queren para certas cousas, lavar, facerlle a comida, e pouco máis. Eles tamén deberían de pór, polo mínimo, un pequeno graniño de axuda, por moi pequeno que sexa, temos que ir acostumándoos e así pouco a pouco ese graniño esperemos que se vaia facendo máis grande, ata chegar un punto no que se dean conta do que valemos. Algún día as mulleres tomarémonos un ano sabático, e a ver que farían os homes sen nós, non serían nada, están tan acostumados a que lle fagamos as cousas que xa se deberon  olvidar o que eles podían facer. Os homes tamén poden aprender a cociñar, lavar a roupa, fregar os platos, etc. Non é tan difícil como semella.
 Encántame a forma de pensar de Calpurnia, ela ten unha visión da vida moi diferente, na que todos somos iguais, pero a realidade non é así. A realidade sempre defrauda. Nós mesmas témoslles que poñer renda a estas cousas, a estes abusos. Non facémolo todo por eles e, en cambio, que recibimos?, NADA. nin un "Grazas amor", nin un "Quérote". Todo o que limpamos nós, eles vano luxando e nós volveremos a limpalo e eles volverannos a pisotear, e así sucesivamente, ata que acabemos coa nosa autoestima e nos sintamos culpables polo pasado que vivimos, dirémonos" Saber que un día daqueles, nós puidemos cambiar o mundo", arrepentiríamonos moito, por eiso hai que facelo XA. NON DEIXEMOS QUE OS HOMES NON CONTROLEN E NOS MANDEN, SEXAMOS NÓS AS GOBERNANTES DO MUNDO.

Sen comentarios