Comentario de Juan Ares Pérez
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
A verdade é que este libro non me entusiasmou demasiado. Reflicte a
desaparición dunha rapaza chamada Natalia, de tan só doce anos. Antón, os seus
pais e os demais veciños da praza da Bichoca están desesperados. Nesa praza
formouse un clima de dor, amargura, medo e tristura que os ten a todos
cambiados. Os pais están preocupados pola seguridade dos seus fillos, mentres
que os de Antón non deixan de discutir por parvadas. Por outra parte, está a
reporteira Belén Soliño que o que unicamente quere é bater récords de audiencia
no seu noxento programa, implicando ter que facer calquera cousa para
conseguilo. Unha das axentes que leva o caso é Lina Souto, que se encariña de
Antón debido ó estraño parecido cun rapaz secuestrado durante unha excursión,
na que se atopaba responsable Lina, que era a mestra, e máis tarde apareceu
morto.
O libro fíxoseme moi repetitivo, case sempre contando o mesmo, nada
novo, simplemente laiándose coa desaparación da nena, o que provocou
manifestacións e outros sucesos. En fin, en xeral o libro non me decepcionou,
pero podía estar moito mellor, engadindo máis feitos á trama e facéndoa
máis interesante e entretida. Ademais, gustaríame saber como rematou a investigación: se encontraron a Natalia (viva ou morta), se nunca se
chegou a atopar... non sei, para min a historia quedou baleira, incompleta.
Sen comentarios
Publicar un comentario