Comentario de
Alberto García Fernández
Reencontro
Fred Uhlman
Galaxia
O libro conta a historia de dous rapaces de dezaseis anos: Hans, un rapaz
xudeu de familia acomodada, moi tímido e sen amigos, e Konradin, descendente
dunha das familias máis ricas e con máis pestixio de Alemaña.
Os dous rapaces coñécense cando Konradin chega á mesma escola á que
vai Hans. Ningén se atreve a falarlle a Konradin polo seu apelido, que o sitúa
nun lugar moi alto. Hans intenta chamar a sua atención e fanse amigos ata que
as cousas se poñen "feas" en Alemaña e Hans ten que marchar. Despois
de moito tempo chégalle unha carta a Hans dos falecidos en Alemaña que ían na
súa escola, le os nomes , e aparece o de quen fora o seu mellor e único amigo,
"Konradin".
Este libro gustoume, aínda que me decepcionou o seu final, lese
moi rápido e é moi bonito.
Recomendaríallo a calquera.
Sen comentarios
Publicar un comentario