ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/12/13

Stefano

Comentario de Rosalía García



 Stefano
María Teresa Andruetto
Galaxia 


"Quen é, Enma? -preguntan desde o fondo.
E Enma di: Non o sei, un home."
Así remata este libro cheo de tristura.
 Esta novela conta as experiencias dun xove italiano que sae do seu país con destino a  Arxentina buscando unha vida mellor, as complicacións desa viaxe, xa que o barco no que ían naufragou, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos, son unhas das cousas desta viaxe onde o rapaz descobre o amor, encontra un traballo e intenta adentrarse nesta nova terra. É unha novela que conmove e que fala sobre este duro camiño que ía a comezar tan lonxe da súa Italia natal.
Recomendo este libro á xente que  guste das historias tristes ou que traten sobre as emigracións.

Sen comentarios