Comentario de Sonia
Framiñán González
Comezarei
dicindo que o feito de que a Calpurnia lle interesase tanto a ciencia e fose
recoller espécimes co seu avó con tanto interese e motivación pareceume moi
sorprendente, xa que desde un principio non pensei que o libro fose tratar algo
así. Gustoume moito, realmente.
Comentarei máis polo miúdo os aspectos que me pareceron máis importantes nesta
historia. O primeiro que me saltou á vista era o trato que se lle daba a
Calpurnia polo feito de ser a única rapaza entre sete irmáns, ese afán por
parte, sobre todo da nai, de querer convertela nunha ama de casa e, sen que ela
quixese, obrigala a aprender a bordar, calcetar, cociñar, a dar clases de
piano, etc. Outros aspectos que me chamaron a atención é o que lle aprendían na
escola. Non lle aprendían cousas básicas como as matemáticas, ciencias... senón
que lle aprendían a bordar e calcetar e incluso as mandaban camiñar con un
libro na cabeza. Isto paréceme un dato moi interesante, xa que reflexa o
machismo que existe nesa época. Tamén quero facer referencia sobre o que
opinaban os pais e Viola de que ela estivese tanto tempo co seu avó
investigando especies distintas e a forma en que reaccionou Viola ao vela
traballando co sacho no algodón.
Por
outra parte gústame esa relación que ten cos irmáns, a preocupación polos máis
pequenos como Travis e J.B. e tamén polos máis grandes, especialmente Harry.
Pareceume curioso o feito de que ó principio da historia se fale do avó como
alguén ao que lle teñen medo e esa preocupación por non molestalo. Gustoume
especialmente a relación que acaba tendo Calpurnia co seu avó, que se interese
tanto polas súas investigacións e que incluso faga as súas mesmas. O feito de
que queira ser científica e rompa cos costumes machistas da sociedade tamén é
un dato moi relevante.
Para
rematar o comentario, e isto non vén moito ó caso, teño que dicir que, á parte
da historia que me resultou moi entretida a pesar de ser tan extensa e me fixo
comprender, unha vez máis, o machismo que se sofre, o libro xa me chamou moito a
atención e me invitou a lelo soamente ao ver a portada. Penso que iso é algo
que todo bo libro debe cumprir.
Recoméndolle este libro a todos os bos lectores dispostos a ver a realidade que
se sufría naqueles tempos e que, aínda que moito menos, segue a sufrirse
desgraciadamente na sociedade actual. Dicirlles que hai que reflexionar sobre o
tema e todos temos que colaborar para que isto nun futuro próximo xa non sexa
así.
Sen comentarios
Publicar un comentario