Comentario de Isidro Gil Pallares
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
A
min xeralmente nunca me tirou a poesía, a non seren algunhas excepción.
Neste libro atopei excepcións destas, inda que parte dos poemas non me
agradaron. Decateime de que esas excepcións son poemas sinxelos non
moito mais alá de tres ou catro versos, que sexan concisos pero a súa
vez que non faga falta dicir máis deles, xa que eles por si sós levan
implícito todo o que queren expresar.
E deste tipo de poemas que a min me gustan quédome cos de David Rodríguez “Escribir felicidade” “E se o amor fose excesivo”.
Malia
as miñas preferencias, tamén se abriron oco no meu agrado outro tipo de
poemas como “Subiote” de Xosé Neira Vilas, “Terra Chá” de Manuel María,
os de Celso Emilio Ferreiro e algún máis.
Achegoume
algo máis á poesía e poida que lea algún poemas máis de vez en cando.
Despois de todo, como Fran Alonso di “Non morde”. E certamente hai gran
cantidade de variedade para todos os gustos.
Próbao, estou seguro que atoparás algún que che guste!
Sen comentarios
Publicar un comentario