Comentario de María Eugenia Gil Pallares
O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Editorial Xerais
Pasqual Alapont
Editorial Xerais
“A moza mirouno en fite, coma se non o oíra ben.
De estar de humor riría, de ter bágoas choraría, mais xa non lle quedaba nin
unha cousa nin a outra.” Este
libro gustoume moito. Posiblemente sexa agora o libro que máis me gusta. Fíxome
reflexionar, darme conta do que pasa ás miñas costas, do que me pode pasar. De
que non podemos xirarnos e facer coma se non pasase nada, porque hai unha
persoa sufrindo, e hai que axudala, sexa como sexa. Porque esa persoa non se dá
conta do dano que lle poida ocasionar. Sabe que esa relación é “tóxica”, pero o
problema é que non dá saído dela. A Marta,
protagonista deste libro, pásalle este caso. Héctor, un rapaz que coñece,
semella boa persoa. Semella. Este rapaz ten cambios repentinos de ánimo e pasa
de ser feliz con Marta a pegarlle e ameazala. E Marta, incapaz de facer outra
cousa, queda inmóbil e asinte. A viva imaxe do novo libro “Cásate e se sumisa”. Estaba
envolta nunha nube de confusión e por moito que as súas compañeiras llo
advertisen, ela seguía sen facer caso. Ao final, como toda muller debería facer
nesta situación, Marta esperta do pesadelo e decide marchar. Héctor acoitélaa.
Cando todo se resolve, o fillo de Héctor e de Marta, mellor dito de Marta nace
san. Digo de Marta soa porque alguén capaz de matar a outra persoa non ten
nome.
Para min este libro ten un 10 sen dúbida ningunha. Recomendo a lectura del
porque é un libro fermoso que reflicte a sociedade actual e que che abre os
ollos.
Sen comentarios
Publicar un comentario