ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/13

O achado do castro

Comentario de Anán Ares González


O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco




Este libro paréceme incrible, empezando porque é a primeira obra teatral que leo. A historia trata dun rapaz e unha rapaza (Manolitus e Carmiñae) que se namoran, dos cales os correspondentes pais (O Emperador -César- , por parte de Carmiñae, e Arpexia -a comercianta máis rica do Imperio- por parte de Manolitus) non aproban a súa relación. Tamén están os personaxes Catulo e Caleno,  dous homes langráns que tratan de quitarlle ao rei un medallón que o fai a máxima autoridade, e que, en diversas oportunidades, non o conseguen. O desenlace paréceme esperado, unha vez les un pouco xa te decatas de que vai ter un final así (O Emperador e Arpexia namóranse e casan xunto a Carmiñae e Manolitus). Algo que me destacou moito foi que o Escravo do Emperador no desenlace se bote desodorante de sprai nas axilas tras espertar dado que penso que naquela época non existían os sprais, e menos de desodorante. Tamén me gustou moito o xogo de presentador - personaxes nunha escena na que cada un di o que pensa.
 

Sen comentarios