ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/13

Made in Galiza

Comentario de Isidro Gil Pallares


Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia


A profesora de galego acertou en me recomendar este libro. Este libro fascinoume e foime moi cómodo e sinxelo de ler. Pequenas historias, guías de como falar a lingua, receitas médicas,... Todos isto e máis é o que agocha entre as súas páxinas este libro. Os cales teñen moito en común: orixinalidade, retranca, concisión e un gran cariño pola nosa lingua.
Pero cada quen ten un tema e forma diferente do resto o cal me chamou a min moito a atención porque cada cal sorprendíame máis.
É moi recomendábel, estou convencido de que lle encantará a calquera galego falante que o lea, e aos quen non o son e o lean, quen sabe igual ata os fai mudar de opinión.
Quédome cun relato "Na oficina de obxectos perdidos” (aínda que me agradaron a gran maioría), que é un dos primeiros do libro, co que xa empeza con moi bo pé. Quedeime con este pola súa orixinalidade e retranca, agochando unha picaresca mensaxe no seu interior, nunca vira ningún relato similar.
"Eu nunca serei yo"

Sen comentarios