Comentario de Ana Colmeiro Corral
Pareceume
un libro un pouco aburrido porque non pasaban moitas cousas na vida
de Calpurnia, pero non está mal.
Gustoume
moito a relación que teñen o seu avó e mais ela, e deume pena que
non a descubrisen antes. As personaxes que máis me gustaron foron
Calpurnia, pola súa intelixencia e o seu descontento con moitos
ideais da época; o avó, porque é un pouco solitario, si, pero unha
vez que o coñecen parece ser moi simpático e cariñoso; Harry
porque é un irmán maior estupendo para Callie e J.B. Porque é moi
tenro.
Non me
gusta a nai de Callie porque pensa que as mulleres non deben ir á
universidade e teñen que aprender a cociñar e a calcetar...
Teño
intriga por saber o que pasou coa primeira de Harry que sae no libro,
xa que despois de ir co avó, quixo irse e non volveu falar con
Harry.
Polo
demais, xa o dixen, pareceume un pouco aburrido, pero ao final aínda
me gustou.
Sen comentarios
Publicar un comentario