ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/13

A evolución de Calpurnia Tate


Comentario de Laura Presas Mato


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
Comezarei comentando de que trata o libro. É un libro que fala do machismo que había naquela épca, en como Calpurnia quería ser científica e ninguén da súa familia exceptuando o seu avó a apoiaba na idea, abraioume que nin súa nai a apoiase, xa que quería que a rapaza soubese coser ou cociñar e atopase un home co que casar. Entre Calpurnia e o seu avó creouse un vínculo, xa que o seu avó lle explicaba cousas e tíñaa como axudante de investigacións. Paréceme incrible que a sociedade desa época puidese ser tan machista como para non permitir a unha rapaza cumprir o seu soño de ser científica, que o que ela tiña que facer debía ser cociñar, coser, atopar un bo marido que a mantivese e logo ela coidar del. É inxusto que polo mero feito de ser muller se che oprimisen moitas cousas.
O libro gustoume, ao ser unha rapaza comprendo o mal que o debería de pasar Calpurnia ao ver que non podía cumprir o seu soño, que se vía discriminada pola xente, que ata a súa propia familia rexeitaba que estudase iso. É un libro interesante, en ocasións faise algo pesado, pero aínda así felicito a autora por describirnos a sociedade da época nesta historia.

Sen comentarios