Comentario de Issiris Ramírez
E un libro moi curioso e gustoume porque ten
moitos temas interesantes. non é o mellor libro que lin pero é un libro que
recomendaría ler porque permítenos coñecer a situación na época na que vivía
Calpurnia. A maneira en que eran tratadas as mulleres e os dereitos que lles
privaban, como a nai de Calpurnia obrigáballe a aprender cousas que non lle
gustaban a súa filla só porque era muller e tiña que aprendelas. A Calpurnia
gustáballe a ciencia pero nesa época non se permitía que as mulleres non
soubesen outra cousa que estar na casa, limpar e buscar un bo marido .
É unha historia moi linda que permite coñecer
a Calpurnia e a súa familia. O que máis me gustou do libro foi cando o avó de
Calpurnia deulle o seu libro e esta emocionouse moito porque cando foi en busca
do libro á biblioteca, a bibliotecaria no quixera darlle o libro porque non
estaba na biblioteca e porque ela era demasiado nena para pedir tal libro.
Calpurnia é unha nena moi curiosa e por isto vai aprender moitas cousas
interesantes co seu avó.
Calpurnia é unha nena en medio de sete irmáns,
ela é a do medio, o que implica unha gran diferenza entre nenos e nenas pola
parte da súa nai, de alí provén como a súa nai obrígaa coas tarefas da casa e
a discriminación da muller. O irmán co que mellor sebleva Calpurnia é Harry,
este é o maior de todos e o preferido dela. Nese verán pasarán moitas cousas na
familia de Calpurnia por iso é un libro moi curioso porque ten moitas cousas por
descubrir.
Sen comentarios
Publicar un comentario