ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/13

Todos somos

Comentario de Celtia Ansemil


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais




O libro de Todos Somos de Marcos Calveiro gústame moito xa que trata sobre a criminoloxía (que é o que me gustaría facer nun futuro). Ir paso a paso mirando o que fixeron e como ocorreron os feitos dende a desaparición de Natalia, como cada vez que ocorre algo todo o pobo únese para que puidese regresar e dar o apoio á familia, o que se sente ó perder un fillo e os cartos que conseguen a partir da súa desaparición.
Como a xente que se quere aproveitar a partir deses casos nas que a familia está destrozada, como Belén Soliño, que só por ter máis e máis cartos fai o que sexa e, grazas a iso, consegue que a xente se implique máis e máis na investigación e tamén que a xente desconfíe dos seus veciños formando revoltas na praza e mancándose os uns ós outros pola desesperación.
Gústame tamén a relación que hai con Lina Souto e os seus dous compañeiros Hernández e Fernández e, sobre todo, con Antón. Quedei abraiada ó saber o que contiña a carpeta que sempre levaba e o que significaba para ela, perder un neno de 10 anos mentres ela era mestra e despois atopalo morto resultaríalle moi duro.
Personaxes:
*Nai de Antón: era unha nai moi esixente que só quería que o seu fillo estivera ben e non lle pasara nada e só púxolle a man enriba ó seu fillo unha vez.
*Pai de Antón: un home moi pacifista que acabou mancándose unha vez que el e os veciños da praza foron de patrulla, foi un malentendido. Forma a opinión secundaria na súa familia.
*Antón:era un rapaz regordete, con gafas e pelo rizo. Tiña 12 anos e aínda que non o parecese era moi amigo de Natalia, conservaba a pulseira que lle regalara e nunca a quitou ata que se lle rompeu e, despois, gardouna nunha caixiña. Fíxose amigo de Lina e era un neno moi espabilado aínda que non o parecese.
*Lina Souto: policía de Madrid que foi axudar na investigación de Natalia á súa antiga vila. Acabou no alcohol por culpa de que anteriormente ela fora profesora e nunha excursión un neno perdérase e aparecera morto días máis tarde. Era morena de pelo curto e podía pasar desapercibida.
*Andrés: recepcionista do hotel no que residía Lina, gustáballe moito ela.
*Hernández e Fernández: policías que estaban na investigación de Natalia.
*Natalia: rapaza moi popular e querida por toda a xente que desapareceu e ninguén volveu saber dela.
*Nai e pai de Natalia: eran dous persoas que tiveron problemas e acabaron divorciándose, pero a pesar diso querían moitísimo a súa filla e farían calquera cousa por ela.
*Belén Soliño: reporteira maior de 60 anos que só lle importaba o diñeiro e nada máis, canto maior fose a traxedia mellor para ela.

P.D.: Recomendaría o libro para a xente que lle gusta deste xénero, pero eu quedei con ganas de saber que ocorriría coa rapaza, se a encontrarían ou non, e a historia de Lina como continuaría. A pesar diso é un libro moi bo para o meu gusto.

Sen comentarios