ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Silvia Escuredo Ramos



Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González


O libro Bágoa de lúa foi un libro que, en xeral, estivo bastante ben. Algunha cousa que non me convenceu moito foi que tiña os capítulos algo mesturados, é dicir, nun falaba da vida actual de Berenguela, noutro falaba do seu pasado... e, engadindo algo máis, o final aberto. Quédanche ganas de seguir lendo toda a triloxía ata saber o final.

Eu este libro, sobre todo ao principio, asimíloo moito coas novelas porque, en case todas, a protagonista é separado da súa nai ó nacer e despois, ao longo do camiño, vai descubrindo que ten algo que ver coa xente poderosa (isto sería a relación de Berenguela coa realeza).
E como conclusión final, penso que este libro, no fondo, quere dicirnos que temos que aprender a convivir coa xente, un tema que, actualmente, está algo "verde."

Sen comentarios