ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/11/13

Poetízate

Comentario de Leticia Couto Núñez



Poetízate
Fran Alonso
Xerais






Ler non é o meu forte e a poesía non é un xénero literario que me resulte demasiado atractivo. Porén, Poetízate é un libro que me gustou polo simple feito de ser diferente.  É o primeiro libro de poesía que leo e podo dicir que foi unha boa experiencia. Resultoume bastante doado de ler e iso sempre é un punto a favor.
Paréceme verdadeiramente impresionante que en tan poucas liñas se poida dicir e expresar tanto. Teño que confesar que quizais tivese unha idea equivocada da poesía...
Os autores que máis me gustaron foron: Lupe Gómez, Xoán Abeleira e Xela Arias, ordenados de maior a menor.  Sentín cada verso dos poemas destes autores. Se teño que escoller a un deles, sería a Lupe Gómez, pero calquera deles me valería.
Hai algúns poemas que me resultaron difíciles e ata pode haber algún que me parecese aburrido. Pero, sen dúbida se hai algún que deba destacar, a pesar de non mencionar o autor entre aqueles que máis me gustaron é o de  David Rodríguez. Chamoume moito a atención porque en tan só unha frase, dous versos; fixome pensar, incluso fixo que recapacitase sobre infinidade de cousas. 

 "Escribir felicidade 
     é sobreactuar."

Este libro fíxome chegar á conclusión de que non importa a cantidade. É dicir, que pode que sintas máis unha frase que 100 follas que che está contando sempre o mesmo.
Considero que Fran Alonso tivo unha idea excelente!
 

Sen comentarios