ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/11/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka






 A historia de Callie Vee pareceume fascinante. Primeiro, gustaríame agradecerlle á escritora Jacqueline Kelly polo seu gran traballo ao escribir este libro, xa que por cada frase que lía situábame en 1899. O que máis me gustou deste libro foi o pensamento adiantado á súa época da protagonista, que a pesar de ser muller non quere casar nin ser ama de casa coma súa nai, senon que quere ser CIENTÍFICA coma o seu avó, e impresionoume que dunha maneira ou doutra admirara as cousas do seu arredor (por moi insignificantes que fosen para o mundo, cousa que para ela non) con tanta paixón e esforzo por aprender o comportamento dos animais. Outra das cousas que me pareceu divertida foi que o capitán Tate, o avó de Callie Vee, apenas se sabía o nome dos seus netos ou confundíaos. A maneira na que un avó pode ensinarlle moitas cousas valiosas a un neto é fascinante, e este libro refléxao á perfección. Algo que tamén me gustou foi o froito do traballo da protagonista xunto ao seu avó, descubrir algo insignificante e á vez tan fascinante como é unha veza. Realmente non lle atopei nada malo a este libro. Recomendaríallo a quen teña un pouco de tempo para lelo. 

Sen comentarios