Comentario de Mariña
Castro Fontao
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia
Cóntanos a historia de Berenguela, a filla dunha amazona, descendente da
realeza de Landereina. A rapaza vivía cos seus pais adoptivos, Cátaba e Bunm.
Con eles dous e Güenaela, a filla da difunta druída do poboado das amazonas, que
a informou da devastación da súa aldea polos guerreiros kaihunn e da morte da
súa nai, emprenderá unha viaxe cara a Ghekla, para que o mago Êlekva lles brinde
a súa protección. Pode resultar algo liante nalgún momento, pero realmente non é
difícil de entender, xa que a historia baséase exclusivamente na Pedra de Lúa, un
artefacto máxico realmente poderoso.
As partes que máis me gustaron foron cando se traslada no tempo e nos conta
a vida dos monarcas de Landereina.
Sei que é o inicio dunha triloxía, e nos deixa un final aberto por iso, pero
aínda que sexa só un principio, realmente coñecemos moi pouco a historia. Igualmente
pasa cos personaxes, tantos nomes, tantas testemuñas baleiros da historia, que non
se sabe o por que de case nada, non entendemos o que senten nin o que pensan. A
autora tratou as súas creacións como marionetas. É capaz de asasinar personaxes
"prematuramente" cando non sabemos nada deles, e realmente danme
tanta pena coma nada.
Algo realmente desconcertante é como a viaxe lles resultou tan sinxela ás
dúas rapazas. A parte do clima e do cansazo, non houbo case obstáculos. Que os
centauros e os elfos as axuden así sen máis, resulta estraño. Por que o fan?
Pola súa cara bonita? Corren tantos riscos só por dúas meniñas? Que beneficio
lles trae? Por que esa confianza cos humanos? Irreal. Non fantástico, irreal.
Gústanme os libros de xénero fantástico, e a verdade é que este pode
resultar bastante ameno, pero non me vou poñer con ñoñadas de que me
apaixoou, que é marabilloso... etc. Porque sería mentira.
Sen comentarios
Publicar un comentario