Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
Ámote
Leo, escrito por Rosa Aneiros, é un libro peculiar. É un libro
que transmite sensacións… dende o depresivo e frustrante ambiente lisboeta ata
o axetreado balbordo das rúas de Marrakech. A historia de Leo, que pese a
deixar aos seus amigos e familiares atrás para emprender soa esta aventura
arredor do mundo, é canto menos absorbente, páxina tras páxina non podes deixar
o libro, que desde o episodio de Cádiz, onde aparece a primeira pintada dicindo
“Ámote Leo A.”, engánchate de tal xeito que non es capaz de cerrar o libro ata
acabalo. Ademais, a descrición da cidade turca de Istambul é… abraiante canto
menos.
Persoalmente, encantáronme as descricións das cidades que ía visitando a rapaza, cada unha deixábache unha pegada no corazón, coma se
realmente foses ti quen estivera visitando eses lugares.
Realmente, podo dicir
que é un libro que me gustou moito, non se me fixo pesado en ningún momento da
lectura, e animábame a ler sen descanso ata rematalo. Aínda así, teño que
admitir que o final deixoume coas gañas, quizais un final demasiado aberto para
o meu gusto.
Sen comentarios
Publicar un comentario