Comentario de Lucía García Rodríguez
Reencontro
Fred Uhlman
Galaxia
Reencontro é
un libro que me deixou sen palabras.
Os comezos
sempre me resultan aburridos, pero unha vez que me enganchei na historia,
continuei lendo ata rematalo. En certas partes a súa comprensión resultábame
menos doada pola cantidade de nomes raros e frases noutros idiomas das que eu
descoñecía o seu significado.
Dous nenos,
Konradin e Hans, fannos ver que unha verdadeira amizade non entende de cor,
raza, relixión...
O final foi
inesperado, triste e tráxico. Por unha parte o suicidio de seus pais
sorprendeume moito, pero cando souben o que lle pasara a Konradin quedei
perplexa.
Gustaríame
que o autor seguise escribindo un pouco máis. Ou cando menos quero seguir eu lendo libros del!
Sen comentarios
Publicar un comentario