Comentario de Francisco Miguel Casas Pico
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Ao meu parecer, nesta
novela a autora Teresa González quere conseguir un libro revolucionario xa que
podo ler varios subxéneros narrativos durante a trama.
Na miña opinión, esta
mestura heteroxénea váiselle un pouco das mans xa que dificulta a lectura,
perdendo ao lector con tanta variedade.
Podemos ler partes fantásticas, as cales
detesto, partes amorosas, partes un pouco científicas e tamén temos aventuras
dentro do relato. En canto ao contido de cada parte podo dicir que non apoio a
fantasía pero si que me gusta o tema amoroso e as aventuras e sobre todo
resúltame atractivo que a autora trate o tema científico, a pesar de que sexa
nun modo algo especial, ao meu entender.
Sen comentarios
Publicar un comentario