Comentario de Lucía Silva
Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
Nesta novela, o protagonista é un rapaz ao que lle meten unha malleira e el e os seus amigos deciden vingarse. Os seus mellores amigos son unha rapaza xitana da que Miguel se namorará durante o transcurso da novela, e o seu curmán minusválido.
Tanto un coma outro axudarán a Miguel a cambiar de vida e a ver a mesma dun xeito completamente diferente.
Coa morte do rapaz minusválido, Miguel comprende o dura que é a vida.
Este libro é un dos meus favoritos porque é unha histora moi tráxica pero moi real.
Sen comentarios
Publicar un comentario