Este libro fixóseme algo confuso de ler, dado que como o home perdía a memoria e recuperaba recordos, había veces que me perdía. Para min, a maior ensinanza do libro é pensar, que sería de nós se nos levantaramos un día sen recordar nada? Parece algo difícil de pasar, pero é unha realidade que está máis preto nosa do que parece. Todos coñecemos a alguén con Alzhéimer, que a min paréceme unha enfermidade mi dura, esquecer todo, esquecer o que fuches, co conseguinte sufrimento para os que están derredor.
O libro non me gustou moito en xeral, polo que xa dixen, pero a verdade é que había moitísimo tempo que un libro non me facía pensar tanto.
Sen comentarios
Publicar un comentario