Comentario de Patricia Fernández
O único que queda é o amor
Agustín Fernández Paz
Xerais
Realmente
foi un libro que me gustou moito, aínda que me parecen os capítulos bastante
tristes. Polo xeral, os libros relacionados co tema do amor gústanme sempre, e
este non podía ser menos. Paréceme unha obra moi sinxela de ler e entender. O
capítulo que máis me gustou foi o primeiro, como Sara chega ao seu amado
mediante esas notas. E o que menos me gustou foi 'Amor de agosto' pois
pareceume moi triste. Como xa dixen, o libro trata sobre o amor, dende aquel
amor adolescente ata o que vai despois da morte. Sen dúbida recomendaríao a
calquera persoa e eu mesma volveríao ler unha e outra vez máis
Floco de Millo: ela é booktuber
Hai 8 anos
Sen comentarios
Publicar un comentario