ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/06/13

As sete mortes

Comentario de Mariana Carreño


As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia







    As sete mortes foi un libro que me gustou moito. Engancha facilmente e non sabes que vai acontecer en ningún momento. Ao principio a historia de Xacobe sorprendeume bastante porque non entendía por que era así. Pensaba que era polas pastillas que tomaba, pero logo deime conta de que me equivocaba. A única parte que puiden  máis ou menos facer unha suposición do que pasaba foi con Varona.

   Recomendo a lectura deste libro. Eu repetiría a lelo de novo

1 comentario:

Angela Silva Varela dixo...

Gustoume moito o libro, uns asasinatos moi elaborados para o meu gusto. Á xente que lle gusta o misterio, encantaríalle este libro. Ten unha lectura moi adictiva e aconséllollo a todo o mundo que lle guste ler.