Comentario de Paula Gamallo
O señor Ibrahim e as flores do Corán
O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
Faktoría K
As palabras que veñen a
miña cabeza nada máis nomear este libro son: tolerancia cultural e valor da
amizade. Verdadeiramente é un exemplo de moralidade e humanismo.
Un rapaz orfo de nai e
orfo do sentimento amoroso dun pai atopa, por casualidade, co amábel vendedor
do ultramarinos da súa rúa. Farto xa das falsas inxurias que seu pai lle
atribuía ou das múltiples comparacións co seu irmán, a quen nin sequera coñecía; vén a súa mente a iniciativa de desempeñar os seus aforros en algo chamativo e
curioso para el, as prostitutas. É así como a historia dará un xiro de 360 º e comeza
a darse conta da realidade da vida que nace da necesidade de asumir a propia
identidade, de sentirse un mesmo, distinto aos demais.
Coñecer ao señor Ibrahim
é para o rapaz un sopro de aire puro, un billete de avión para o máis alá ,
onde as ensinanzas son o fundamento da supervivencia e o cariño é a base na que
nos debemos apoiar.
Comeza entón unha
aventura na que tanto Momo como o lector farán gozo dunha serie de coñecementos
que só a voz da experiencia, neste caso Ibrahim, sería quen de apórtarnolos.
Consellos sobre a felicidade, a alegría, as mulleres, beleza, a aprendizaxe, o amor, o traballo…
Todo un cúmulo de palabras colocadas no momento e do xeito adecuado que non
deixan indiferente a ninguén e conseguen crear unha firme sensación no lector
de complicidade e a súa vez de emoción.
Escoitar aos demais ,
algo imprescindible para cumprir os nosos propios propósitos e as nosas metas ;
non ter medo e loitar, que podo dicir? Indispensable sen dúbida, indispensable
para acadar todo aquilo que desexamos ou
levamos buscando durante moito tempo. A calma e a perseveranza será o
que nos leve ao punto culmen, nada se consegue sen esforzo e sen o seu debido
tempo, nada.
Estas como moitas outras
ensinanzas que o libro me aportou amosan unha gran sensibilidade por parte do
autor na que puxo en conxunto dúas xeneracións e dúas culturas ben diferentes
amosando deste xeito que os humanos non
deberiamos ter ningún tipo de tabú para relacionarnos. O simple feito de
deixarnos levar, e coñecer novas identidades, novos costumes… é o motor que
debería mover as nosas vidas, sobre todo as nosas intencións, pero o máis
importante: sempre dende o respecto e a tolerancia.
Como diría o Corán do
señor Ibrahim “nin a rúa é azul, nin o pan árabe é árabe”, as aparencias
enganan e a vida non está feita para desaproveitala nin sequera, non nos
podemos permitir caer na continua tristura.
2 comentarios:
Este libro encantoume, non pensei que un libro tan pequeno me fixera sentir tanto. Aínda que non me esperaba que un rapaz tan novo tivera que vivir tantas experiencias e quedar sen pai dúas veces. Pero ao final non estivo mal, gustoume moito.
Este libro non é do meu estilo, aínda que me gustou a historia interracial entre o cativo e o tendeiro non me conmoveu como creo que debría; o libro é moi curto, trasnsmite ben as emocións pero non me chegou como debería.
Publicar un comentario