Comentario de Patricia Fernández Pájaro
Nada máis rematar este libro quedeime
abraiada do que poden enganar as cousas. Tan só velo pensei que ía ser un
libro aburrido, difícil de ler ou simplemente que non o entendería. Pero nada
máis comezar a intriga apoderouse de min e non podía deixar de ler. Gústame a
maneira na que está escrito, gústame a historia, pero o que máis me gustou foi
a fermosa historia entre Fran e Ana. Tamén espertou en min certas
emocións ou simples recordos da infancia. Eu, con toda certeza, recomendaríao a
calquera tipo de lector.
Sen comentarios
Publicar un comentario