Comentario de Julián Gómez Villamayor
Mar de fondo
Núñez Singala
Galaxia
Este libro resultoume complicado de ler, tanto polo vocabulario que
utiliza como a maneira de relatar os feitos. Máis dunha vez tiven que volver
atrás e ler de novo porque non entendía . Ás veces empeza contando o final e
despois vai relatando os feitos como sucederon e isto despistoume. Algo que me
chamou a atención foi que todos os capítulos están narrados en 3ª persoa excepto
os que pertencen ó que lle ocorre a Nicolás que os narra en 2ª persoa. No
capítulo onde Ana escoita discutir a Estrela e Domingos e máis tarde din que os
asasinos son un home e unha muller xa empecei a sospeitar dos amigos de Ana e
tiña ganas de acabar de ler o libro para confirmalo. O que nunca esperei foi o final.
A pesar do
complicado que me resultou de ler o argumento do libro gustoume porque é de
intriga.
Sen comentarios
Publicar un comentario