ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/06/13

Hora Zulú

Comentario de Antía Iglesias


Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia

Dende que comecei a ler esta novela de Santiago Lopo, deume a impresión de ser moi surrealista, que o que viría a continuación non tería nada que ver con este mundo, senón un imaxinario. Dende cando o tempo se para?, pois si , algunhas das historias desta novela rematan xustamente as 4:15h, ben porque o cantil dunha illa en forma de paxaro comece a alumear ou unha moza recupere a vista. Non sei de certo se son cousas que poden ocorrer, o do tempo temos por seguro que non, e que un mastín lle fale ao seu compañeiro de piso aínda menos. Esta última, foi unha das que máis graza me fixo.

Sen comentarios