Moi bo libro. O melloriño para min, e ademais sentinme identificada, foi a
capacidade de poder falar co cadelo. Sempre desexei poder falar e comprender á
miña cadela (que é un mastín, ademais) e ao ler esa parte non puiden evitar
pensar: "Eu tamén quero ese don, aínda que me caia un raio! "
Tamén teño que salientar o episodio da rapaza cega porque me pareceu moi
fermoso, e por outra banda, sempre quixen ir ver a Aurora Boreal.
O libro encantoume e cando o lía tiña a sensación de que era unha detective
que desvelaba os segredos dunha historia prohibida. Mantívome intrigada dende o
comezo ata o final,un final inesperado para min pero bo.
En definitiva, Hora zulú gustoume moito, e recoméndollo ás
persoas que lles guste dar libre albedrío a súa imaxinación.
Sen comentarios
Publicar un comentario