ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/06/13

Hora zulú

Comentario de Paula Gamallo


Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia
 
 
Aínda que non foi un dos libros que máis me gustou respecto ás recomendacións da nosa profesora durante todo este curso, debo dIcir que este exemplar agocha un conxunto de historias relacionadas entre sI que  foron quen de deixarme coa boca aberta.
Un conxunto dividido en dúas grandes partes, en dous grandes mundos; por un lado unha institución psiquiátrica, na que os tolos, en ocasións, non son tan tolos, e doutores que viven atormentados polo pasado, reúnense para reconstruír  e descifrar a vida dun antigo paciente, un profesor, que deixou unha vida chea de misterios e investigacións recollidas en cadernos; por outra banda, pequenas historias disparatadas unidas por un único lazo: un grupo de persoas que fan da ciencia un xogo misterioso, visto dende outra perspectiva distinta a da maioría.
Un conxunto de rarezas e de mostras de como a vida pode dar xiros inesperados e de como podemos sorprendernos coas cousas que nos rodean. Moitas veces preguntámonos se realmente coñecemos ás persoas que están ao noso carón, aquelas que sempre estiveron aí. Coñecémolas? eu creo que non, todos agochamos algún segredo, algunha característica... algo que os demais descoñecen de nós. 

Sen comentarios