ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Alberto Cerdeira Bravo





Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais



Este foi un libro que acabei de ler xusto a noite antes de que viñera o autor ó instituto e foi un libro que non me gustou moito que digamos. Moi lioso por momentos,cando cambia dunha historia a outra pérdese o fío completamente e ademais a forma de escribir do autor é moi árida e non me dá nunca sensación de velocidade. Para min ademais non me deu sensación de verosimilitude dado que non penso que se poidan atopar 5 historias totalmente diferentes e ó final e que teñan relación entre elas. O tamaño do libro é bastante grande pero o autor aínda fai que sexa moito máis grande. Se ben outros libros como Os Fillos do Mar me fixo lelo en dúas tiradas soas, para este libro precisei varias noites para rematalo, dado que eu acostumo a ler pola noite e este libro facíame durmirme facilmente. De todas formas algunhas historias como a da muller a cal a súa parella sentimental lle violou presuntamente a filla foron interesantes.
Non critico a escolla de este libro como libro obligatorio pero eu non o recomendaría.

Sen comentarios