Comentario de Francisco Miguel Casas Pico

Makinaria
Carlos Negro
Xerais
É doado escribir un comentario sobre este
libro, podería concluílo
cunha soa palabra pero é tan malo, segudno a miña
forma de ver que se merece unha boa critica negativa.
En primeiro lugar gustaríame saber se este
autor pretende crear
poesía ou se quere implantar un novo xénero
literario. Penso que
é unha marabillosa forma de reducir a fermosa
poesía que todos
coñecemos a insignificantes cinzas, felicitar
por tal a este gran
poeta, xa que non é fácil facelo tan mal.
Adentrándonos máis a fondo a falar do libro
quería recordarlle
ao escritor que hai outras formas de conciliar
aos adolescentes
que facendo este tipo de poesía. Esta forma non
me parece nin
a máis adecuada nin a máis eficaz. Polo texto
pode gañar algúns
adeptos pero non creo que sexa o que se nos
quere ensinar en
referencia á lírica.
Espero poder ler libros de máis calidade deste
xénero ao longo do
curso.
1 comentario:
Gustoume moito o libro xa que ten uns poemas dirixidos maioritariamente aos adolescentes, polo que o entendín moi ben.
Non me importaría ler mais libros deste tipo.
Publicar un comentario