Comentario de Aida Vilariño
Makinaria
Carlos Negro
Xerais
Ao principio cando merquei o libro pensei que non me
ía gustar nada xa que a poesía non é o meu punto forte pero cando comecei a
lelo encantoume porque fala sobre a xuventude e os riscos que corren, beben, saen
de festa, andan como tolos nos seus coches e non se paran a cavilar no
futuro, viven o presente ao límite, disfrutando cada momento coma se fose o
último; ou polo menos así o interpretei eu. Nunca lera ningún libro de Carlos
Negro pero se todos son así ou similares, con ese punto de vista, seguro que me
gustan. Os poemas que máis me chamaron a atención foron os de "Game
Over", collín moitas frases interesantes deles.
Sen comentarios
Publicar un comentario