ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/12

Tardes con Margueritte



Comentario de Andrés Seoane Pena 


Tardes con Margueritte 
Marie SAbine Roger
Galaxia


Este é un libro divertido e sobre todo moi interesante: aprendín moitísimas cousas nel.
Pero este libro fíxome PENSAR en dúas cousas:
A primeira que o poder da amizade está por riba das diferenzas, porque dúas persoas tan distintas, Germain (moito máis novo e case analfabeto) e Margueritte (unha señora moi maior e moi culta) chegaron a ser case inseparables.
A segunda é que se te propós algo e loitas por iso acabaralo conseguindo, este é o caso de Germain que non se rindeu e pasou de odiar os libros a gustarlle un dicionario e moitos tipos de libro.
O libro gustoume moito e recoméndollo a todos e a todas, porque é moi doado de ler e a lectura é moi amena.

Sen comentarios