ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Ana Colmeiro


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives


Teño que comezar cun "fantástico". Este libro encantoume! Grazas ás imaxes que o autor incluíu no libro fágome unha idea acertada do espazo no que ocorre a historia. E saber que os personaxes do libro e algún dos acontecementos da historia tamén son verdadeiros, gustoume moito.
Púidonme poñer na pel de Bachir e da súa familia e é calafriante: ver como un rapaz de doce anos ten que estar todo o día pousado nunha cama, coa dificultade de respirar e de ver como os teus amigos xogan fóra e ti non podes.
O que máis me impactou do libro foi que Jamida fose cego, xa que non o imaxinaba para nada.
O que menos me gustou foi que o escritor deixase un final tan aberto xa que eu quería saber se Jamida volvía ao campamento, se o amor de Bachir era correspondido, se este acababa de facer os exercicios do instrumento qeu lle regalara Jamida e puidese andar, se a veciña que se atopaba enferma volvía do hospital e se recuperaba...

Sen comentarios