ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/12

Os vellos non deben de namorarse

Comentario de Ana Castro Varela



Os vellos non deben de namorarse
Castelao
Galaxia




Uff! Que dicir ao rematar de ler este libro, pois, a verdade é que non sei xa que quedei abraiada despois desta lectura tan intensa e apaixoante. Este libro expresa varios sentimentos xa que fala do duro que é sufrir por amor. Para moitos un amor
inalcanzable e para outros unha forma de poder ver a vida.

Quizais, todo o que sentín ao rematar de ler este libro resumése en dúas palabras: paixón e ledicia. Dúas palabras que ilustran una forma de pensar, de ver a vida ou mesmo dun soño que desexas con todas as túas forzas que se faga realidade.

Moita xente pensará que ler non é a mellor forma de pasar o tempo pero eu
recoméndolle que se adentren neste mundo e que pouco a pouco vexan como calquera
historia pode ser realidade. Unha realidade, coa cal te podes sentir identificado.
 

Sen comentarios