ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

18/12/12

Os vellos non deben de namorarse

Comentario de Alberto Cerdeira Bravo



Os vellos non deben de namorarse
Castelao
Galaxia



Libro de teatro que ás veces fai moi fácil a lectura dos capítulos. A verdade é que houbo bastantes
cousas que non logrei entender, sobre todo as mortes dos  vellos, porque eran bastante confusas,sobre todo a do último vello.

Paréceme un bo libro que me logrou sacar máis dun sorriso sobre todo con expresións como "esas porcas parafuseiras", aínda que non é un libro que te manteña enganchado xa que non ten unha historia moi longa,nin hai ningún misterio, dado que se les as primeiras páxinas do libro xa che
di o que vai pasar ao longo da obra máis ou menos. 

En definitiva, pareceume un libro fácil de ler e cun vocabulario moi accesible e que che pode sacar máis dun sorriso, pero non sería un libro polo que eu gastaría cartos, dado que non engancha nin ten unha historia moi sólida, na miña opinión.

Sen comentarios