ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Martina Domínguez


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives




"O cazador de estrelas" gustoume moito. A verdade é un libro que merece a pena lelo porque está cheo de información, realidade e faiche sentir moitas cousas.
Comeceino a ler e era interesante porque entendín como se vive no deserto e como vive Bachir os seus días xa que non se pode levantar; só estar tumbado e, como moito, sentarse.
O malo é que é moi monótono e apenas ocorre nada novo polo que te aburres un pouco léndoo pero, ao tempo, ten algo que incita a continuar.
Gústame moito a relación que ten Bachir coa sua irmá Magali e coa súa nai. E tamén aprecio a forma de vivir, pensar e como valora e afronta as cousas o protagonista.
E dicir, finalmente, que ao ser o final tan aberto e deixar bastantes preguntas sen responder deume mágoa terminalo e que desfrutei moito coa súa lectura.
 

Sen comentarios