ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/12

O cazador de estrelas

Comentario de Sonia Framiñán


O cazador de estrelas
Ricardo Gómez
Edelvives




   O libro en xeral gustoume moito, a verdade. Fíxome reflexionar sobre a calidade de vida que levan alí e sobre o complicado que era para Bachir, sobre todo, pola súa enfermidade. 
     Cando comecei a ler pensei que me ía gustar, aínda que me dou moita mágoa o estado de Bachir e todo o que o rodeaba.
     Resultoume un libro moi agradable e cativador. Sorprendéronme moito os personaxes e a forma en que vivían.
     O misterioso personaxe de Jamida tamén me sorprendeu moito, xa que todo o que el sabía e era capaz de facer sendo cego era abraiante.
     Esperábame outro final, pero aínda así non me decepcionou, xa que Bachir foi capaz de levantarse por sí só, o que me alegrou moito. Si que me gustaría saber se Jamida regresou e se Bachir foi capaz de seguir  unha vida normal. Pero en definitiva o libro era moi interesante, tiña unha finalidade moi clara (para a miña opinión ) e iso motivoume máis.
 

Sen comentarios